O certame de debuxo titúlase "Ensina Ferrol" e ten como obxectivo difundir entre os escolares a iniciativa encamiñada a conseguir a declaración de Patrimonio da Humanidade para a nosa cidade. Conta co apoio do Centro Comercial A Magdalena e a ruta da construción naval.
Como xa sabedes, nós adicamos este curso ao Barrio da Magdalena para o noso Proxecto Terra, estamos moi involucrados con esta iniciativa e fainos moita ilusión colaborar co Foro Ferrol Vivo neste certame.
Diante do noso mural adicado ao Barrio da Magdalena cada un dos alumnos/as interpretou unha parte do que máis lle gusta do barrio...
Os pequenos artistas concentrados na súa obra...o resultado foi fantástico, fixeron uns debuxos magníficos.
Para min xa sodes tod@s gañadores polo interés e os ánimos con que colléstedes esta iniciativa.
SODES GRANDES!!! FERROL MOLA E MOLADES VÓS!!!
A ENTREGA DE PREMIOS ENSINA FERROL:
O Foro Ferrol Vivo entrega mañá venres, ás 20h na pasarela instalada fronte ao palacio municipal, os premios da primeira edición do certame de debuxo infantil Ensina Ferrol, no marco da Fashion Night. Esta plataforma cidadá organizou esta inicia co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio ferrolán e, de forma especial, de apoiar e valorar a candidatura Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración a Patrimonio Mundial por parte da Unesco, Con esta iniciativa, dirixida ao alumnado de Primaria e a ESO dos centros escolares do municipio, quíxose profundizar no coñecemento do patrimonio local por parte da mocidade ferrolá, traballando nas aulas como espazo educativo e formativo, e tamén de todo aquilo relacionado coa historia e cultura da cidade na que vivimos.
Para este certame, o Foro Ferrol Vivo contou coa importante colaboración do Centro Comercial Aberto da Magdalena, principais patrocinadores do evento e deste acto de entrega de premios, e do Concello de Ferrol, a Ruta da Construción Naval e Ferturguías. Dende o FFV agradecemos a súa colaboración e participación, así como das persoas integrantes do xurado presidido por Eduardo Hermida: Pilar Freire, Alejandro Permuy, Felipe Cotovad, Isabel Carballos e José Antonio Marcote.
O Foro tamén agradece o traballo e esforzo dos centros escolares participantes nesta primeira edición: Valle-Inclán 1, Jesús Maestro, Sofía Casanova, Recimil e centro de idiomas Babblers e, sobre todo, aos 200 nenos e nenas que realizaron outros tantos debuxos.
Os 200 debuxos presentados poderán ser admirados por toda a cidadanía na tarde-noite da Fashion Night nunha mostra na rúa Real -á altura de Abanca e Punín- e, nunha semana e durante aproximadamente un mes, nos escaparates do baixo situado no número 28 de cálea Carmen –esquina coa rúa Magdalena-.
No acto de mañá daranse a coñecer os nomes das e dos gañadores, aballos os debuxos gañadores, que recibirán un accésit consistente en dous libros e un diploma, como segundo premio, e dous libros, un vale por un mes de clase gratuíto no estudo de Eduardo Hermida e un vale de 20 euros no CCA, ademais do diploma, para o gañador de cada unha das cinco categorías.
VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO CONCURSO:https://vimeo.com/255198671?ref=fb-share&1

No hay comentarios:
Publicar un comentario