Neste 2º trimestre fixemos unha morea de actividades relacionadas co libro de lectura "Catro plumas de dinosaurio" da escritora Rosa Aneiros
As extraordinarias aventuras de Xoel e os seus valentes compañeiros polas Fragas do Eume transpórtaos ao mundo sorprendente do Cretáceo.
Xuntos descubrirán a importancia da amizade e a fortaleza da manda ao invocar o seu berro de loita:
Belcebú, cómeme o cu!
Investigamos sobre os fósiles do Cretáceo no laboratorio...
En Inglés fixemos coa profe Judi un mural do Cretáceo para o corredor de primaria...
Recreamos o noso Parque do Cretáceo con moita precisión e creatividade....
... e moita, moita imaxinación...
Conseguimos crear o noso propio ecosistema, un pequeno hábitat formado por 12 nen@s, un cempés, unha araña, mosquitos, fentos, musgos e plantas.
UN INTERESANTE E DIVERTIDO PROXECTO!
Conseguimos crear o noso propio ecosistema, un pequeno hábitat formado por 12 nen@s, un cempés, unha araña, mosquitos, fentos, musgos e plantas.
UN INTERESANTE E DIVERTIDO PROXECTO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario