No libro de Ciencias da Natureza temos moita información sobre as plantas e as súas partes.
Hoxe tocounos estudar as partes da flor e baixamos ao laboratorio para investigar como era por dentro e cantas partes tiña unha flor natural...
➽ INVESTIGAMOS VARIOS LILIUM (AZUCENAS)
O primeiro paso foi cortar e abrir a trompeta da flor para ver ben o que tiña por dentro...
➽ CANTOS ESTAMES TEN? CANTOS PÉTALOS? SON TODAS IGUAIS?
Contamos e anotamos 6 pétalos, 6 estames e un pistilo.
Pero observamos que nas floriñas máis pequenas os estames eran diferentes, rematan cunha especie de cápsula de pole escura (anteras) que as flores grandes, completamente abertas, non teñen.
Tamén observamos que as flores destes lilium non teñen sépalos verdes no seu cáliz.
Todas as flores tiñan a mesma cantidade de pétalos e estames pero os estames das flores grandes abertas xa non tiñan pole na parte superior, soamente tiñan o filamento do estame. Mentres que as floriñas recén abertas, e máis cativas, aínda mantiñan os filamentos dos estames co pole na antera (de cor escuro).
E por último, aproveitamos a sesión de hoxe no laboratorio para escoitar as explicacións dos compañeiros e compañeiras de 6º que amosaron as maquetas da célula animal realizadas na súa clase de ciencias...
Foi a nosa primeira sesión de laboratorio deste curso...Haberá moitas máis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario