Amosounos vídeos dos artistas pintando as Meninas en Canido e as actuacións dos grupos musicais que, no primeiro fin de semana de setembro, enchen o barrio de visitantes, música, cor e ledicia.
Nós fixémoslle unha morea de preguntas aproveitando esta semana adicada á prensa para facerlle unha interesante enquisa...
Como se che ocorreu esta iniciativa?
Pensas que o barrio mellorou? en que?
Que pensan os veciños, están contentos?
Se poideras entrar no cadro das Meninas, que farías?
E se poideras sacar do cadro a algún personaxe, a quen sacarías?
Por que escolliches o cadro de Velázquez?
É o teu pintor preferido?.....
As respostas da enquisa, as noticias entorno a iniciativa de Hermida en Canido e todo o que acontece no mundo, quedaron rexistradas no noso periódico.....e aínda traballaremos coa prensa nos vindeiros días...


Moitas grazas Eduardo