11 DE NOVEMBRO : DÍA DO PEÓN
Polo San Martiño, (11 novembro)
peóns ao camiño.
Polo Santo André, (30 novembro)
trompos outra vez.
Polo San Amaro, (15 xaneiro)
peóns ao tellado.
Polo Santo Antón (17 xaneiro)
peóns ao caixón.
Pola Santa Olalla (12 febreiro)
peóns á borralla.
E polas Pascuas,
trompos ás ascuas.
PEÓN= BUXAINA=TROMPO=BAILARETE=VIRA-VIRA
Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. O peón é o xogo protagonista do mes de novembro como ven o di o noso refraneiro.
➤ Primeiro imos ver como se fai un peón co vídeo de Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional...
➤ A ver cantas preguntas acertades!...Imos aló!...
Nós usamos un anaco dun pincho de madeira que tiñamos por clase en lugar de loureiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario