miércoles, 2 de marzo de 2016

CICLO DA AUGA

     A mellor maneira de entender como se forman as nubes é facendo o noso propio Ciclo da Auga....
    
 
Coa axuda de Marta, Lidia, Trancas (Candela) e Barrancas (Dani Alegre) empezamos o noso experimento.... 

 Mentres Trancas-Candela anota os pasos a seguir no encerado, Lidia enche de auga o sobre de plástico que sostén coidadosamente Barrancas-Dani ....
 
Logo, Marta engade unhas gotiñas de colorante alimenticio azul na auga do sobre transparente e...tachánnnn, xa temos o noso mar metido na bolsa....O pegamos na fiestra e debuxamos as ondas do mar, o Sol, as nubes e as precipitacións....

Coas flechas indicamos como circula a auga: dende que a calor do Sol fai que se evapore a auga do mar ao quentarse, sube ata atmosfera formando as nubes, e cando arrefría caen as precipitacións que volven ao mar.

Si queredes ver debuxos animados divertidos explicandoo, tedes que clicar en: Viaxando no ciclo da auga