sábado, 13 de mayo de 2017

KAMISHIBAI..."XOGANDO CON GATOS"

Durante toda a semana, alumn@s de 3º de Primaria adaptan o libro de lectura de Antón Cortizas, "Xogando con gatos" ao Kamishibai
O xoves o contaron aos nenos de 1º de Primaria
                            E o venres aos de 2º de Primaria
Ao principio da semana xa o contaran aos de Infantil...


Podedes ver o proceso de creación e de traballo cooperativo...
 
Adrián debuxou os gatos, Antonio á Meniña, Josué as casas e o ogro, e Sara as fadas... 

Josué gañou o concurso de Ogros que fixemos en clase

O resumo do conto foi redactado por Xabi, Martina e Dani
Cantaron a lengalenga e as cancións o resto dos compañeiros.
O contan no kamishibai: Martina, Alex e Adrián. Martín xa é un experto pasador de láminas por iso colaborou con eles na representación.
 Unha tarefa moi creativa na que cooperan todos!
 A Meniña canta coa lúa cancións e lengalengas tradicionais....O ogro, co seu penico na man, anda a buscar xente para colocarllo na cabeza e asçi roubarlles a memoria...
 As fadas Impo, que fai imposibles, e Tempus, que controla o tempo, están a discutir cómo desfacer a maxia malvada do ogro...
 Alégranse de atopar tan contentos aos catro gatos cantarines e lieiros...
 O ogro Gro, está a vixiar detrás da casa todo o que fan estes gatos xoguetóns con intención de colocarlles o penico na cabeza e roubarlles a memoria para que non lembren os xogos nin as cancións
Os gatos enredáronse a xogar alrededor do ogro e o confundiron tanto que o penico acabou na súa propia cabeza...

Pobriño ogro!!! Robouse a se mesmo a súa propia memoria!!!
E colorín colorado este conto está rematado.