lunes, 7 de marzo de 2016

8 de Marzo 2016

                       Todos os días son 8 de Marzo                             
 Nesta data lembramos que, hai máis de un século, un 8 de marzo de 1857, un grupo de mulleres que traballaban facendo roupa nunha fábrica, tomaron a decisión de sair ás rúas de New York a protestar polas penosas condicións nas que traballaban.


En moitos países do mundo homes e mulleres únense para celebrar a loita da muller pola igualdade, a xustiza e a paz.
Nós imos render homenaxe dende aquí a algunhas mulleres galegas que destacaron polo seu traballo e a súa valentía...
María Castaña (s. XIV – Lugo) Muller labrega que encabezou a revolta contra os impostos que o obispo de Lugo cobraba.



María Pita (Cambre 1565 – Cambre 16439) “Quen teña honra, que me siga”. Heroína que loitou contra os piratas ingleses que invadiron A Coruña.




María Soliña (Cangas, s.XVI, 1551) Valente muller que loitou polo seu ata a locura.

Polos camiños de Cangas       As ondas do mar de Cangas
A voz do vento xemía:             Acedos ecos traían:
Ai, que soliña quedaches,       Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.                           María Soliña.

Nos areales de Cangas,          As gaivotas sobre Cangas
Muros de noite se erguían:      Soños de medo tecían:
Ai, que soliña quedaches,        Ai, que soliña quedaches
María Soliña.                            María Soliña.


Rosalía de Castro (Santiago 1837- Padrón 1885) Poetisa e novelista extraordinaria.




Concepción Arenal (Ferrol,1820 – Vigo 1893) Combativa e loitadora ante as inxustizas da época.





Emilia Pardo Bazán (A Coruña 1851- Madrid 1921) Gran escritora.



Todos os días....
todas as mulleres...
traballadoras-soñadoras-emprendedoras- aventureiras- exemplares- creadoras...
... sempre sempre valentes loitadoras.

      - E agora pensao ben....

         Quen é a muller máis importante para ti?