Este es el blog de aula del 2º ciclo de Primaria del Colegio Valle Inclán de Ferrol. Aquí podemos escribir, leer, comentar, jugar...hay un mundo de oportunidades para aprender...y no las vamos a dejar escapar.
GUACAMAIO PACO, TARTARUGA DE ORELLAS VERMELLAS E THOR
As tartarugas teñen 30 anos
MASCOTA DE VALERIA..."COELLIÑA TOY" CHAAMADA MERY POPINS...
Mery Popins ten ollos azuis, come herba e caga boliñas.
MASCOTAS DE ZAIRA...
Oso é un can perigoso e come moito, ás veces esconde a comida na terra. E Nano é un Yorkshire moi bo e xoguetón.
MASCOTAS DE NAIARA...TORTU e GOMI
Cando toman o sol, ponse unha encima da outra, as veces báñanse na súa piscina.
MASCOTA DE BRUNO...ANDRÉS (YORKSHIRE)
Este can chámase Andrés, é moi xoguetón, sempre espera na porta a que chegue a casa dos meus avós para intentar escapar, unha vez o tiveron que levar a un refuxio porque se perdera.
MASCOTAS DE VALENTINA...MANY e AITOR
Many é de cor negro e ten 4 anos. Aitor é de cor marrón, ten 13 anos. Many o morde todo e son os dous moi perigosos.
MASCOTAS DE JOSE: NERÓN e FÉLIX
Félix é de cor gris e Nerón marrón. Félix araña moito e tamén come máis que Nerón.
MASCOTA DE AARÓN...LOLO
Lolo é moi xoguetón, polas mañás sempre risca na porta e ponse nervoso, come moito.
MASCOTAS DE BRAYAN...Linda e Atana
MASCOTA DE AITANA...Rulo
Rulo leva dous anos na casa de Aitana, é moi xoguetón e cariñoso pero sempre a tira de costas e Aitana non se enfada, xoga moito con el.
MASCOTAS DE TRIANA
MASCOTAS DE LA PROFE ELENA
As ocas son boas vixiando a finca, comen moita herba e poñen uns ovos grandes e riquísimos. Encántalles o pan e comen pienso e herba todo o ano.
Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. O peón é o xogo protagonista do mes de novembro como ven o di o noso refraneiro.
➤ Primeiro imos ver como se fai un peón co vídeo de Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional...
➤ A ver cantas preguntas acertades!...Imos aló!...
➤ O noso microproxecto chamado"Bugallo" trata de recuperar o xogo tradicional do Bailarete a través dos bugallos atopados ao pé do fermoso carballo que temos no patio escolar...
E como se fai un bailarete?
Necesitamos un bugallo ou carrabouxo dun carballo e un pauciño de loureiro( do tamaño dun mondadentes). Afíase por un extremo o pau cunha navalla e crávase no bugallo atravesándoo polo medio. Cóllese polo pau e, sobre unha superficie lisa, faise xiralo como unha peonza.
Nós usamos un anaco dun pincho de madeira que tiñamos por clase en lugar de loureiro.