viernes, 17 de noviembre de 2017

SEMANA DA CIENCIA

Na clase de Ciencias da Natureza fixemos unha exploración completa dun lilium (azucena)...


O primeiro paso foi esnaquizar a trompeta da flor para poder ver ben o pistilo e contar os estames...

 O pole manchounos un pouquiño os dedos pero non importounos moito porque foi interesante observala flor e as súas partes.
E para concenciarnos do coidado do noso monte, recollimos landras. Laura e Yésica trouxeron unha presa delas. Imos intentar que xerminen para logo plantar os carballos nunha macetiña.
En primeiro lugar colocamos papel absorvente de servilletas no fondo da bandexa. Logo mollamos o papel con auga...


A continuación colocamos as landras sobre o papel mollado...
 

Por último tapamos coas servilletas e volvemos a regar sen formar charcos... 
 

 

 
 Xa temos as landras ben tapadiñas e empapadas. Anotamos a data, e as deixamos alí quietiñas na bandexa. Temos que regalas todos os días...¿E o finde, quen vai regar? preguntou Gala...pois o finde regará Don Gregorio, jejeje.

Agora tan so temos que esperar que xerminen as landras para poder poñer o carballo nunha macetiña e levalo ao monte para que medre. Xa vos contaremos!