Hoxe tivemos unha actividade de impulso e fomento do cooperativismo no colexio....
Dende a Oficina local de fomento cooperativo da Mancomunidade de Ferrolterra, veu Dolores Regueiro Pérez a realizar diferentes actividades cos nenos e nenas de 3º e 2º de Primaria. En primeiro lugar amosoulles un pequeno vídeo da película "Nemo", onde poideron tratar o tema da importancia do traballo en equipo.
A continuación realizaron un xogo baseado na cooperación, "o xogo das cadeiras", onde os rapaces que quedan sen ela non perden,continuan a xogar pero teñen que compartir a cadeira doutro compañeiro....Divertidísimo xogo!!!
Nestas fotos vemos a Dolores, a Técnica de Fomento Cooperativo, explicando a dinámica do xogo....e coa música empézase a xirar!....
....cando para a música, hai que sentar sen tocar o chan....Yesi e Michelle axúdanse para sumar puntos no xogo
Quítanse dúas cadeiras e volve a soar a música....
....e cando para...
Quitamos máis cadeiras e ...a bailar!!!!
...cando Dolores para a música....
...e volta a empezar....
Todos vos axudastes e todos gañastes....Que xogo tan divertido!!!
Moitas grazas Dolores por esta xornada tan interesante e divertida.
Mª Dolores Regueiro Pérez
Técnica de Fomento Cooperativo - Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol
https://www.facebook.com/coopferrolterra
www.comarcaferrolterra.es https://twitter.com/CoopFerrolterra
http://coopferrolterra.esy.es/