viernes, 11 de diciembre de 2020

OBRADOIRO DE ELECTRICIDADE - GALICIENCIA 2020

Hoxe tivemos unha interesante xornada de ciencia con Galiciencia online 2020


Seguimos moi atentos as instruccións de David e de Iria no seu vídeo de Galiciencia 
Xa tiñamos preparados os mateirais pero o primeiro que fixemos foi experimentar a  poñer os pelos de punta...







Cando frotamos o globo contra o cabelo, os electrones do pelo pasan ao globo, queda cargado negativamente e o cabelo queda cargado positivamente.
 
Que observamos?...que o globo atrae aos pelos e ademáis os pelos se repelen entre eles.
Este fenómeno pódese explicar porque as cargas de distinto signo se atraen e as de igual signo se repelen.
Unha vez rematada a experiencia co globo, e os pelos xa estaban no seu sitio, seguimos os pasos do vídeo de David e Iria co noso material...
Nos vídeos podemos ver a nosa aula no momento do experimento...


E aquí tedes o vídeo completo de David e Iria por se queredes facelo na casa...https://www.youtube.com/watch?v=FT-ViQzBMnY




jueves, 10 de diciembre de 2020

REPASO TEMA 2 DE CIENCIAS NATURAIS


RepasoTema 2 "Saúde, dieta e hixiene"
Buscade unha etiqueta dun produto alimenticio envasado que teñades por casa, pegádea na libreta.
Escribide as preguntas, investigade e contestade:
1➤Cal é a data de caducidade?
2Canta cantidade en gramos de produto hai?
3Que substancia nutritiva ten ese produto en maior cantidade?
4➤Ese produto o podería comer alguén con intolerancia ao gluten, un celíaco?
5➤Se abres o envase poderías comer ese produto despois de dúas semanas? Por que?
6➤Que outra información aparece no envase?

Exemplo:
1- 06-2021
2- 300g
3- Hidratos de carbono 58,4 g
4- Si o podería consumir un celíaco porque na etiqueta especifica "SIN GLUTEN"
5- Si podería tomar o chocolate despois de dúas semanas aberto porque os seus ingredientes non necesitan unha especial conservación.
6- Aparecen as porcións, 13-14 porcións por tableta e, na parte superior dereita, aparece a equivalencia dunha porción; cada porción equivale a 4 onzas. Tamén aparece un teléfeno e unha páxina web do Servizo de atención ao consumidor. Aparecen todos os ingredientes e a información nutricional. Na parte superior esquerda aparece información dun sorteo e na parte inferior informa onde hai que tirar o papel do envase e o envase de metal da tableta.

miércoles, 9 de diciembre de 2020