RepasoTema 2 "Saúde, dieta e hixiene"
Buscade unha etiqueta dun produto alimenticio envasado que teñades por casa, pegádea na libreta.
Escribide as preguntas, investigade e contestade:
1➤Cal é a data de caducidade?
2➤Canta cantidade en gramos de produto hai?
3➤Que substancia nutritiva ten ese produto en maior cantidade?
4➤Ese produto o podería comer alguén con intolerancia ao gluten, un celíaco?
5➤Se abres o envase poderías comer ese produto despois de dúas semanas? Por que?
6➤Que outra información aparece no envase?
Exemplo:
1- 06-2021
2- 300g
3- Hidratos de carbono 58,4 g
4- Si o podería consumir un celíaco porque na etiqueta especifica "SIN GLUTEN"
5- Si podería tomar o chocolate despois de dúas semanas aberto porque os seus ingredientes non necesitan unha especial conservación.
6- Aparecen as porcións, 13-14 porcións por tableta e, na parte superior dereita, aparece a equivalencia dunha porción; cada porción equivale a 4 onzas. Tamén aparece un teléfeno e unha páxina web do Servizo de atención ao consumidor. Aparecen todos os ingredientes e a información nutricional. Na parte superior esquerda aparece información dun sorteo e na parte inferior informa onde hai que tirar o papel do envase e o envase de metal da tableta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario