Así de contentos iniciamos o breve percorrido no bus.
Unha vez que entramos en Navantia pola porta da Maestranza, Manolo e Clara, ensináronnos a nave da exposición permanente que amosa a historia da factoría...
Faláronnos da escola de aprendices, creada no 1915, para os fillos dos operarios da factoría...
Vimos os pupitres e as mesas cos tornillos que se usaban.
Manolo lembrou os tempos de loita obreira...
O 10 de marzo, O Día da Clase Obreira, Ferrol sempre terá na memoria a Amador e Daniel Os nomes anteriores da factoría...
E unha morea de máquinas e recordos moi interesantes na exposición permanente.
De novo no bus fixemos un percorrido pola factoría para ver os diferentes espazos e naves...
No dique seco vimos como traballaban nunha fragata...E para rematar, antes de deixar a factoría, Manolo fíxonos esta foto diante do buque de aprovisionamento Patiño...
Logo, xa na clase, mirade que ben debuxou Andrés o buque Patiño...
fin