miércoles, 10 de octubre de 2018

BENVIDOS AO BLOG DE 3º

Benvidos ao blog da aula de 3º de Primaria!
Hoxe, antes de sair de excursión a Navantia, tamén dimos a benvida ás mascotas de Sara...
MANCHITA E CONCHITA
Son as dúas tartarugas de Sara que trouxo para ensinarnos o bonitiñas e pacíficas que son.
Agora xa sabemos como é o seu caparazón, incluso algúns o tocamos para comprobar o duro que é.
Manchita meteuse dentro do seu caparazón cando se veu un pouco amolada con tanta zarandaina que lle dimos. 
Pareceunos unha boa idea protexerse así. Nós tamén temos na clase a nosa tartaruga para aprender a relaxarnos, reflexionar e solucionar de maneira tranquila os nosos problemas. 
Agora imos facer tod@s como Manchita e...ao mellor teremos na clase a nosa propia tartaruga de verdad...
Como a chamaremos?...

Damos as grazas a Sara e a súa nai Vanesa por traer hoxe á nosa clase a Manchita e a Conchita.


No hay comentarios: