viernes, 4 de octubre de 2019

TELÉFONO TOOBALOO

Parece un teléfono pero na realidade é unha ferramenta moi sinxela de facer que permite escoitar  aos repaces os sons que pronuncian cando len sen interferencias sonoras...


O material utilizado: tubo de descarga e dous codos de PVC...cintas adhesivas e gomets que tiñamos por clase...
En primeiro lugar escollimos un libro na biblioteca e logo repartimos as pezas para que cada un armara o seu teléfono toobaloo...
Despois cada un armou o seu toobaloo...
Unha vez armado, os rapaces probaron a escoitar a súa propia voz...
 Unha innovadora e sinxela maneira de ler que permite unha auto-corrección da linguaxe.
 Os rapaces poden controlar a súa respiración e o seu ritmo para unha mellor vocalización.
Por último o personalizamos co nome de cada un e cos gomets que cada un quixo pegar...
        ...E o mellor de todo que é moi divertido!