Hoxe visitamos o Museo da Sociedade Galega de Historia Natural
O primeiro que nos amosou Berta, a monitora do museo, foi a vitrina onde se atopan as mandíbulas de diferentes tipos de quenllas, incluso poidemos ver dúas crías disecadas e outra conservada nun frasco con alcohol
O Tiburón anguía tiña a cola rota
A Quenlla Focinuda é moi curiosa, a parte de ter un fuciño moi longo, ten sempre escondida a boca replegada dentro, e cando ve unha presa a saca para comela
A lura ou calamar xigante impresiona velo...iso que era unha cría!
Según nos explicou Berta, ten 8 metros de lonxitude totalmente estirados os tentáculos, e os adultos poden chegar a medir 20m e pesar centos de kilos... non o podemos comer porque é tóxico para os homes pero non para os cachalotes que sí aliméntanse con eles
Tamén se lles chama kraken e aquí tedes imáxenes de verdade de diversos tipos de kraken atopados polo mundo...
Foto impresionante dun kraken case tan grande como o buque
Logo vimos esqueletos e maquetas de baleas e de orcas...
Tomáchedes moitas notas de todo...agora xa sabemos que as baleas non teñen dentes, teñen barbas, e as orcas son as que teñen dentes .... vimos un cráneo con dentes picados!
Abaixo vemos barbas de balea, que a Bruno recordáronlle unha basoira
A tartaruga Campelo, atopada nesa praia, non tivo moita sorte ao caer atrapada nesa rede...mágoa!, é moi bonitiña
foca disecada
Na outra parte do museo atópanse animaliños terrestres
esqueleto de cervo e xabarín
Outra cousa moi curiosa ...a pel e o esqueleto da boa
O esqueleto e a pel da boa gustáronnos moito...Berta explicounos cómo comen as serpes grandes tragando as súas presas enteiras, por iso tardan meses en facer a dixestión....Neste vídeo podemos ver unha pitón comendo un crocodilo...
Tal e como nos explicou Berta, a boa estrangula a súa presa enroscándose nela e a traga enteira para logo dixerila despaciño
Neste outro vídeo vemos unha serpe máis pequena comendo un ovo
Tocamos e tocamos o tronco cortado dunha árbore do Cantón que tiña 89 anos cando caeu...contamos os aneis dende o centro...precioso!
Rubén tomando nota de todo ...
Nesta foto podemos ver en primeiro lugar un avispeiro moi ben formado
Paola tomando notas e Paula, Guillermo e Pablo diante do cervo e do xabarín (mascotas de D. Gregorio)...detrás están os zurullos
E por fin...os zurullos dos diferentes animais, importante coñecelos para identificar o animaliño que os fai
Fotito de zurullo 1
Fotito de zurullo 2
Todos gritando ZURULLO!!!!...que ben o pasáchedes!
Cal deles comería as miñas ocas?
Este museo resultounos moi interesante...e o temos moi cerca, así que tedes que animar aos vosos pais ou avós a ir velo e seguro que o volvedes pasar moi ben.....
....tamén vos animo a que leades "O Principiño"...a boa protagonista come un animaliño mooooi grande...