Dende o s.XVIII
Xulio
O noso guía do
castelo de S. Felipe
Así recibiunos Xulio para amosar a fermosa estrutura do castelo dende o foxo e explicarnos un pouco da historia da súa construción estratéxica defensiva da nosa ría...
Dentro do castelo
Xulio amosa as distintas
dependencias.
Alxibe do s.XIX: popularmente coñecido coma o "Baño da raíña", recollía augas do foxo do oeste.
Áncoras para fixar os extremos da cadea que se tendía ata o castelo de San Martiño (sobre madeiros ou botes), para pechar a boca da ría e que non pasaran os barcos enimigos.
Patio central ou de armas, co pozo no medio e o edificio do
polvorín no fondo.
Fermoso lugar con vistas espectaculares da nosa ría...
MOITAS GRAZAS XULIO!!!
A tablet na man quédate moi ben!!!
E dende San Felipe ata o PORTO EXTERIOR...
No Centro Interpretativo Cabo Prioriño...
Observatorio ornitolóxico
Tivemos moita sorte co día...vimos a Torre de Hércules enfrente, moi cerquiña de nós, a uns 12 km ...que ben quedaría unha ponte, non sí?
No centro de Interpretación están os paneis informativos das diferentes construcións defensivas: fortificacións, baterías e o propio inicio da construción da dársena exterior...unha secuencia histórica dos edificios defensivos construídos ó longo do tempo.
De volta, no bus, estivemos mirando o fermoso agasallo que nos deu Lula: "A viaxe do cabaliño de mar"
MOITAS GRAZAS A LULA E A AUTORIDAD PORTUARIA DE FERROL-SAN CIBRAO!!!
A noticia da nosa visita na prensa: Galicia Ártabra Dixital