No laboratorio fixemos unha exploración completa dun lilium (azucena)...
O primeiro paso foi esnaquizar a trompeta da flor para ver ben o pistilo e os estames...
Contamos 6 estames, 6 pétalos e un pistilo...
O pole manchounos as luvas, menos mal que as tiñamos postas e non manchamos nadiña as mans.
E logo, aproveitando a sesión no laboratorio, plantamos noces
Imos ver se xerminan as noces e saen as nogueiras.
Coidarémolas e regarémolas na clase, preto da fiestra para que teñan máis luz. Agora so temos que esperar...
Xa vos contaremos!