miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN 2018

Festa terrorífica do Samaín 2018...Moita papancia, agasallos e diversión...
 Como todos os anos, non faltou a exposición de cabazas no porche.
 E hoxe na biblioteca disfrutamos da emocionante entrega de premios do Concurso organizado pola ANPA de "Historias de Samaín"...
Moreas de agasallos para os gañador@s e unha sincera felicitación atod@s os participantes
Con moita emoción recibiron os agasallos os premiados de 3º de Primaria.
Sara recibiu o terceiro premio, Álvaro o segundo e Carlos o primeiro...

 


Os traballos deste ano foron espectaculares...
 A papancia estivo terrorífica tamén...
 Sorprendeunos a tod@s unha bruxiña inglesa cun sabrosísimo agasallo...Thank you Vane!!!

PARABÉNS A TOD@S!!!



lunes, 29 de octubre de 2018

A MALETA

Para coñecernos un chisquiño mellor levamos para casa a maleta e nela metemos obxectos, cousas que queremos amosar e que nos identifiquen...

O primeiro día aparecín coa maleta con tres obxectos que me identifican. Expliquei o que significaban cada un deles para min e logo entreguei a maleta ao primeiro da clase por orden alfabético. Tocoulle a .....Judith
 
O seguinte en levar a maleta para a súa casa foi Yerai...
 
A terceira en levala foi Ainhoa...
 
Logo tocoulle a Álvaro...
 
E despois levouna Andrés...
 
A continuación tocoulle a Yanira. E como estaban instalando a pizarra dixital na aula, ese día tivemos que dar a clase na biblioteca...
 
Logo, tocoulle levala a Carlos...


E por último, levouna para súa casa Sara...
 
Tod@s a levamos valeira para casa pero cada día volvía a maleta cargada de cousiñas moi importantes, apreciadas e cun significado especial para cada un de nós.

Con esta dinámica de aprendizaxe cooperativo o que pretendemos é fomentar a cohesión de grupo, que tod@s nos coñezamos un pouco mellor e reforzar o concepto de grupo unido.