Hoxe quixemos celebrar este día da muller e a nena na Ciencia no laboratorio e repasar os ósos co esqueleto "Don Gregorio II"...Así bautizamos ao novo esqueleto, pois Don Gregorio I pobriño, atópase moi danado...
Tamén podedes repasar os músculos premendo aquí...Ficha do corpo humano
Aproveitamos a estancia no laboratorio para observar a estupenda colección de fósiles do xurásico e cretácico...Como molan! Seguiremos a investigar nas próximas semanas!