O Concello de Ferrol a través de Normalización lingüística e da Biblioteca Municipal, conmemora este 179 aniversario agasallando aos centros co libro de "Rosalía pequeniña" para a biblioteca.
Este libro contén un CD que recolle composicións de Uxía sobre poemas de Rosalía de Castro, agás dous, un de Curros Enríquez e outro de Luís Emilio Batallan, que permite achegar aos nenos á poesía de Rosalía....déixovos un enlace para que os vexades clicando no nome de Rosalía de Castro
Feliz 179 aniversario Rosalía!
Na Biblioteca Municipal, ao pedir prestado un libro en galego, agasállante un lápis e unha libretiña de notas...así que xa sabedes, o próximo 24 de febreiro ide por alí a celebrar o día....
Pedín prestado para vós este precioso libro "Tempos de Norte"
Nel podemos atopar moitas ideas para facer un pequeno observatorio meteorolóxico.