sábado, 24 de octubre de 2015

O SAMAÍN

                   

 HALLOWEEN....A FESTA DE ORIXE CELTA...O SAMAÍN


Samaín significa fin do verán e comezos do inverno, era unha das datas máis 
importantes no calendario celta que eles chamaban  roda do ano solar.



 Samhaim, en irlandés, "máis alá da noite", porque os celtas consideraban que a 
noite do 31 de outubro  era unha noite moi perigosa dado que as almas do alén
 poderían vir a saldar as súas contas pendentes. Para espantar a estas almas
 en pena colocábanse os cranios dos seus inimigos caídos na batalla con velas no
 seu interior (lembrade que antigamente ter os cranios dos inimigos era o mellor
 botín, símbolo de triunfo). 

  Segundo as investigacións, sabemos que  esta tradición extendeuse por toda a
 xeografía  céltica europea,  e no caso de España nas comunidades de Galicia  e
 Asturias.
    A tradición dos cranios foi substituída  por cabazas con candeas acendidas e
 nunha festa de outono,  como un entroido de medo . O Samaín foi levado por 
os emigrantes irlandeses a terras americanas e nace así a súa evolución a Halloween.
 Samaín e Halloween teñen por tanto unha raíz irlandesa celta común.
   
     
   O xoves 29 celebramos a nosa festa...FELIZ   SAMAÍN!!!