sábado, 9 de febrero de 2013

                ENTROIDO 2013                         
Trancas e Barrancas preparan o primeiro dos experimentos preparados para este día
 

Quedamos sorprendidos cando Emma lle deu a volta ó vaso con auga, non si?

 No segundo experimento non paramos de encher o bote...¡cabe moito no interior!

E no último, Irene inflou un globo con vinagre e bicarbonato sódico



 Tivemos que repetir o experimento con moita cantidade de vinagre porque así o pidiu a maioría do público...Por sorteo tocoulle a Martín Díaz...e....o que ocorreu fixonos rir moitísimo...Martín escapou rápido coma un raio
O globo estaba pinchado e saltou un chorro de vinagre que puxo perdidiño o chan...menos mal que Melendy estaba alí e o limpou todo
 

Tamén xogamos co arco, comimos, contamos chistes e dimos un paseo....Uf, cantas cousas!
 
 
 
Se queredes ver todas as fotos pinchade aquí: ENTROIDO 2013 







domingo, 3 de febrero de 2013

SAN SADURNIÑO

                                       SAN SADURNIÑO               
          Alumnos de 3º e 4º da ESO visitan o claustro e a Igrexa de Sta. María de San Sadurniño


 
O grupo na praza, diante da fachada do antigo convento dominico que temporalmente acolle ó Concello. Á esquerda ábside da capela maior.
No adro da igrexa, o cruceiro e a fachada barroca con campanario central.
 
 Capela maior con retablo barroco presidido na fornaciña pola imaxe de vestir da Nª Sª do Rosario, padroa dos dominicos. Sobre dela o fundador da orde, Sto. Domingo. Á dereira aparece o arcosolio e a tumba de Juan Freire de Andrade representado como cabaleiro. O caixón ten unha longa inscrición. Capitéis historiados románicos.
                      Diante están os retratos dos últimos marqueses de San  Sadurniño, dona Mª Natividad de Quindós y Villarroel Duquesa de la Conquista, Marquesa de Gracia Real de Ledesma, Condesa de los Palacios, Vizcondesa de la frontera, Marquesa de San Sadurniño e señora de Baltar e do seu homerías, Francisco de Asís Arias-Dávila-Matheu y Bernardo de Quirós, Conde de Cumbres Altas.  
                     Retablo do altar maior, bóveda de crucería e tumbas, no lado do evanxelio, dos fundadores do convento, dona Inés de Castro y Lanzós e Don Fernando de Andrade, fundador tamén da casa e morgado de San Sadurniño, coas súas estatuas xacentes. O caixón de Fernando carece de motivos decorativos. O de Inés presenta unha deese e dous anxos portando o escudo dos Lanzós e Castro.


"Cacería de Felipe IV"
Retrato de Felipe IV como cazador. Copia a tamaño natural da obra de Velázquez do Museo do Prado feita polo pintor palentino Asterio Mañanós en 1916.

Copia, do mesmo autor, do cadro da "Rendición de Breda" ou "As Lanzas", tamén a tamaño natural (307x367cm)
Claustro co seu xardín central a unha altura superior, como era propio dos claustros barrocos, buscábase así que a vexetación estivese á altura da vista.
Cruceiro de 1755, hórreo e balconada da época.
Tamén se visitaron os arredores do pazo da marquesa (madriña de alfonso XIII), as pontes e os restos do antigo embarcadeiro no río Castro.
Podedes ver a presentación no seguinte enlace:

                      Visita a san Sadurniño 3º e 4º ESO
PLANETAPLANETARIO e  DOMUS
                A visita ó Planetario foi unha viaxe por estrelas e constelacións visibles a simple vista ... 
...un percorrido moi interesante, cheo de lendas, contos e curiosidades sobre astronomía 
 
Descubrimos inxenios, fixemos pompas, creamos o arco da vella, flotamos unha pelota, rodamos bolas, conos e cilindros...

                               Reflexionamos moito...non si?
 

 
Tamén visitamos a Domus... é un museo interactivo adicado ó ser humano e diseñado para divertirse e reflexionar moito sobre todo o que nos rodea...

 

 


 

                                    Divertímonos moito tamen coa película en 3D  "O último arrecife"... case tocábamos as medusas e os peixes coa man...e o tiburón ¡mi madriña, que medo daba! Foi unha experiencia maravillosa!

                           Podedes ver todalas fotos no seguinte vídeo:

                                             visita ó Planetario e Domus de A Coruña