domingo, 3 de febrero de 2013

SAN SADURNIÑO

                                       SAN SADURNIÑO               
          Alumnos de 3º e 4º da ESO visitan o claustro e a Igrexa de Sta. María de San Sadurniño


 
O grupo na praza, diante da fachada do antigo convento dominico que temporalmente acolle ó Concello. Á esquerda ábside da capela maior.
No adro da igrexa, o cruceiro e a fachada barroca con campanario central.
 
 Capela maior con retablo barroco presidido na fornaciña pola imaxe de vestir da Nª Sª do Rosario, padroa dos dominicos. Sobre dela o fundador da orde, Sto. Domingo. Á dereira aparece o arcosolio e a tumba de Juan Freire de Andrade representado como cabaleiro. O caixón ten unha longa inscrición. Capitéis historiados románicos.
                      Diante están os retratos dos últimos marqueses de San  Sadurniño, dona Mª Natividad de Quindós y Villarroel Duquesa de la Conquista, Marquesa de Gracia Real de Ledesma, Condesa de los Palacios, Vizcondesa de la frontera, Marquesa de San Sadurniño e señora de Baltar e do seu homerías, Francisco de Asís Arias-Dávila-Matheu y Bernardo de Quirós, Conde de Cumbres Altas.  
                     Retablo do altar maior, bóveda de crucería e tumbas, no lado do evanxelio, dos fundadores do convento, dona Inés de Castro y Lanzós e Don Fernando de Andrade, fundador tamén da casa e morgado de San Sadurniño, coas súas estatuas xacentes. O caixón de Fernando carece de motivos decorativos. O de Inés presenta unha deese e dous anxos portando o escudo dos Lanzós e Castro.


"Cacería de Felipe IV"
Retrato de Felipe IV como cazador. Copia a tamaño natural da obra de Velázquez do Museo do Prado feita polo pintor palentino Asterio Mañanós en 1916.

Copia, do mesmo autor, do cadro da "Rendición de Breda" ou "As Lanzas", tamén a tamaño natural (307x367cm)
Claustro co seu xardín central a unha altura superior, como era propio dos claustros barrocos, buscábase así que a vexetación estivese á altura da vista.
Cruceiro de 1755, hórreo e balconada da época.
Tamén se visitaron os arredores do pazo da marquesa (madriña de alfonso XIII), as pontes e os restos do antigo embarcadeiro no río Castro.
Podedes ver a presentación no seguinte enlace:

                      Visita a san Sadurniño 3º e 4º ESO

3 comentarios:

Andrea Miguez dijo...

Hola Elena soy Andrea Miguez me encanta el sitio que tal se lo pasaron.
A si fueron buenos.

Besos chao hasta mañana espero que todos aprovemos c do medio.

Jajajajajajajajajaja.

Andrea Miguez dijo...

Hola Elena soy Andrea Miguez queria hacerte una pregunta puedo volver a llevar fotos para poner en el blog.

Chao asta mañana carnabal.

Jajajajajajaja.

Elena dijo...

Claro, Andrea, las llevas al cole y me cuentas lo que te interesa mostrar.