miércoles, 18 de enero de 2012

NO RÍO BIDUEIRO EN SAN MATEO

                    No ano 1800 foi construido este lavadeiro en San Mateo para que os veciños do lugar utilizaran as augas do río Bidueiro...
Este era o aspecto do lavadeiro hai dous anos.
Algúns veciños decidiron restauralo, entre eles o pai e o tío de Martín. Nestas fotos os vemos en plena faena...

Martín, co seu irmá Rubén, axudan na limpeza con mangueiras e vasoiras...

   Unha vez rematado todo o traballo, o lavadeiro queda precioso...e bautizado co nome de "Fonte Laura"...a prima de Martín

¡NORABOA A TODOS POLO TRABALLO !
Se queredes ver mais fotos de Martín, pinchade aquí...

domingo, 15 de enero de 2012

O MUÍÑO DE CHAO EN PEDROSO


          O pasado venres 13 de xaneiro, tódolos alumnos e titores de primaria fumos visitar a área recreativa de Pedroso. Os rapaces do 2º ciclo de primaria,  o primeiro que fixeron foi ver as instalacións do muíño de Chao
 

 




Á orillla do río Xuvia atópase este muíño construído no ano 1800 e restaurado no 1999



Na lareira do edificio, Pedro ensina aos rapaces os diferentes graos de cereais, o proceso de transformación do grao en fariña, a peneirar e todo o relacionado co funcionamento do muíño e os seus elementos
                                                                               

Nesta foto vemos como coloca o "burro" par poder mover a moa.

E aquí temos medio ferrado.
O ferrado, como sabedes, é a cantidade de terra cultivada necesaria para encher un caixón, o dobre que este, de fariña


Despois de ver o muíño, os rapaces van de excursión con Damián, e o primeiro que atopan é un posadero da curuxa debaixo dunha árbore...
      ...Damián explica moi ben aos rapaces que a curuxa se come a presa enteira e que non a pode dixerir; entón a curuxa devuelve (regurxita) os restos en forma dunha especie de "pelotas" que se chaman egagrópilas. Damián rompe unha egagrópila para saber o que comeu a curuxa...
...¡Sorpresa!...dentro hai o cranio dun rato e os pelos enmarañados.
Depende do que comera a curuxa, poderíamos atopar ósos, plumas, partes de insectos, etc...¡Moi interesante!

                                                                 
Tamén atopamos unha pegada dun xabaril pequeno...e debaixo dun carballo, a súa comida preferida .... landras (bellotas)... Polo bosque de ribera tamén atopamos moitos fungos e liques, que según nos explicaba Damián, son abundantes porque non hai contaminación nese bosque.
Na superficie da auga vimos flotando moitas chinches acuáticas.

                                 

Tamén estivemos no muíño de Entrerríos, chamado así porque alí xúntanse os ríos Xuvia e o seu afluente o Castro, que desembocan na ría de Ferrol...
                 


Por último, os rapaces do 2º ciclo xogaron con Susana e comeron no parque...¡Unha maravilla de sitio!


Se queredes ver outras fotos desta estupenda excursión, pinchade no vídeo...