Amosounos vídeos dos artistas pintando as Meninas en Canido e as actuacións dos grupos musicais que, no primeiro fin de semana de setembro, enchen o barrio de visitantes, música, cor e ledicia.
Nós fixémoslle unha morea de preguntas aproveitando esta semana adicada á prensa para facerlle unha interesante enquisa...
Como se che ocorreu esta iniciativa?
Pensas que o barrio mellorou? en que?
Que pensan os veciños, están contentos?
Se poideras entrar no cadro das Meninas, que farías?
E se poideras sacar do cadro a algún personaxe, a quen sacarías?
Por que escolliches o cadro de Velázquez?
É o teu pintor preferido?.....
As respostas da enquisa, as noticias entorno a iniciativa de Hermida en Canido e todo o que acontece no mundo, quedaron rexistradas no noso periódico.....e aínda traballaremos coa prensa nos vindeiros días...
Eduardo animounos a enviar postais dos nosos murais das Meninas para ser expostas na vindeira edición en Canido....agasallounos cuns libros, "Meninas de Canido-Arte e Barrio", e deunos algunha idea para rematar as meninas de cartón sen cara que estamos a facer en 5º e 6º de Primaria....Nós estamos seguros de que a iniciativa é todo un éxito, un símbolo de recuperación e un creativo e orixinal museo na rúa.Quedamos encantados coa visita e seguro que na vindeira "pintada" de Meninas, o primeiro fin de semana de setembro, nos veremos polo barrio de Canido.
Moitas grazas Eduardo