jueves, 26 de octubre de 2017

RUTA DA MAGDALENA E TEATRO JOFRE

Hoxe visitamos o teatro Jofre con José Manuel, o guía do Concello

Unha vez dentro, amosounos o busto do apoderado Joaquín Jofre Maristany. De ahí o nome do teatro.
Tamén estivemos na parte máis alta, no galiñeiro...


 
Estivemos moi cerquiña dos anxos pintados no teito.
No patio de butacas, José Manuel, explicounos que elevábase á altura do escenario mediante un mecanismo complexo, convertindo o recinto nun amplo salón para bailes, banquetes ou o que se terciara...


Tamén estivemos no balcón e poidemos apreciar dende alí a fachada diseñada polo arquitecto modernista Rodolfo Ucha e as fermosas vistas...Correos, Cantón, casa Romero, Porta do Dique...


Dende a galería lateral do teatro apreciamos o Arsenal e o dique construído naquela época.
Aquí José Manuel explicounos a importancia que tiña a construcción do dique para a cidade de Ferrol... 







Unha vez rematada a visita ao Jofre, despedímonos de José Manuel e escomenzamos a Ruta do Modernismo coa nosa guía de Fertur, Isabel...
 
Dende as escaleiras do edificio de Correos, Isabel, explícanos a importancia das obras modernistas feitas en Ferrol polo arquitecto Rodolfo Ucha. Unha das máis fermosa é a casa Romero...



 
Detalle da fachada da casa Romero
Na Alameda de Suances vemos a Isabel explicando no estanque o plano de Ferrol e a rosa dos ventos do chan do Cantón que sírvenos para orientarnos...

Diante do actual edificio de A Fundación fixemos unha paradiña para repoñer forzas...


Isabel fálanos de cando foi unha cárcere, un instituto e casa do concello...hoxe é un centro cultural.
 

Casa Brañas (hoxe Acevedo), Hotel Suizo e Fonda      

Casa Pereira e o edificio do Correo Gallego

Fermosos detalles e anécdotas contadas por Isabel, como que as flores dos balcóns mercábanse nas ferreterías porque caían con facilidade ás rúas e repoñíanse constantemente.
Xa temos moita información que engadir para o noso Proxecto Terra deste ano adicado ao Barrio da Magdalena. 
Agradecemos a José Manuel e a Isabel a súa boa labor cara ao noso proxecto.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!