miércoles, 16 de diciembre de 2015

ASTROS NA BIBLIOTECA

       O pasado día 7 tivemos a sorte de contar coa presencia de Paulino Gasalla, coordinador de Astronomía da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), que veu a dar unha charla para os alumnos de 3º e 4º de Primaria....En primeiro lugar explicounos a contaminación lumínica...
Falounos do Universo, do noso Sistema Solar, de cada un dos  planetas e dos seus satélites...

Vimos xirar todas as constelacións de estrelas coas súas fantásticas formas e falou con nós de distancias, tamaños e cores de todos os astros do Universo.
Foi unha charla moi interesante do noso Mundo e de todo o que nos rodea.
 Moitas grazas Paulino pola charla.