jueves, 9 de abril de 2020

CONTA ATRÁS NO CALENDARIO

Ola artistas!!! Podedes facer este calendario de conta atrás do confinamento! A idea é a de escribir en cada tarxetiña o que vos gustaría facer cando acabe o confinamento ou escribir algo que te guste destes días na casa...Cada día que pase, péchase a tarxetiña. Empeza a conta atrás o luns 13.... Imos aló!!!
Materiais: Unha percha, 
folios de cores e brancos,
 regra, tesoiras, cordel 
e pegamento. 

 Pasos a seguir:
➧1º- Facer rectángulos de 6x8 cm 
en folios de cores 
(Poden ser máis pequenos 
ou se tedes posits mellor)

➧2º- Dobrar os papeliños, escribir por fóra o que vos gusta ou gustaría facer e por dentro o número coa data do día. Lembrade que empezamos a conta atrás no luns 13 de abril.




➧3º- Pegar cartolina branca co fixo na barra da percha e atar sete cordóns (Os sete días da semana)...Eu non tiña cartolina e fun pegando folios brancos co celo...
Con rulos de fixo vanse pegando as tarxetiñas dobradas cos mensaxes escritos por fóra e a data por dentro...




Nun principio quería colgar as tarxetiñas no cordón sen máis, pero movíanse moito por iso fun colocando os folios sen quitar os cordóns porque parecíame divertido deixalos para colgar cousiñas.....cousiñas doces!!!

 

4º- Por último, poñer o ano na madeira da percha e colgala.... XA ESTÁ REMATADO !!!
Cada día que pase pechades a tarxeta e listo........UN DÍA MENOS!!!
E teño un caramelo para cada día que vaia pechando!!!
Pero se alguén quere colgar chourizo o salchichón tamén pode....Verdade Yerai?

➽Outra opción máis sinxela cun folio, posits e un cartón para pegar por detrás...
Neste caso a dobrez das tarxetiñas están na parte de abaixo
   Podedes argallar outro xeito de facer o calendario cos materiais que teñades por casa....
                            Veña, mans á obra!!! 
Animádevos a ir pechando os días no voso calendario!!! 
 E lembrade...Nunca choveu que non escampara!

                                                   Gabriela xa ten o seu propio calendario...É ben bonitiño!!!