O material utilizado: tubo de descarga e dous codos de PVC...cintas adhesivas e gomets que tiñamos por clase...
En primeiro lugar escollimos un libro na biblioteca e logo repartimos as pezas para que cada un armara o seu teléfono toobaloo...
Despois cada un armou o seu toobaloo...
Unha vez armado, os rapaces probaron a escoitar a súa propia voz...
Unha innovadora e sinxela maneira de ler que permite unha auto-corrección da linguaxe.
Os rapaces poden controlar a súa respiración e o seu ritmo para unha mellor vocalización.
Por último o personalizamos co nome de cada un e cos gomets que cada un quixo pegar...
...E o mellor de todo que é moi divertido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario