Nesta data lembramos que, hai máis de un século, un 8 de marzo de 1857, un grupo de mulleres que traballaban facendo roupa nunha fábrica, tomaron a decisión de sair ás rúas de New York a protestar polas penosas condicións nas que traballaban.
En moitos
países do mundo homes e mulleres únense para celebrar a loita da muller pola
igualdade, a xustiza e a paz.
Nós imos render homenaxe dende aquí a algunhas mulleres galegas que destacaron polo seu traballo e a súa
valentía...
María Castaña (s. XIV –
Lugo) Muller labrega que encabezou a revolta contra os impostos que o obispo de
Lugo cobraba.
María Pita (Cambre
1565 – Cambre 16439) “Quen teña honra, que me siga”. Heroína que loitou contra
os piratas ingleses que invadiron A Coruña.
María Soliña (Cangas,
s.XVI, 1551) Valente muller que loitou polo seu ata a locura.
Polos camiños de Cangas
As ondas do mar de Cangas
A voz do vento xemía: Acedos ecos traían:
Ai, que soliña quedaches, Ai, que soliña quedaches,
María Soliña. María Soliña.
Nos areales de Cangas, As gaivotas sobre Cangas
Muros de noite se erguían: Soños de medo tecían:
Ai, que soliña quedaches, Ai, que soliña quedaches

Concepción Arenal
(Ferrol,1820 – Vigo 1893) Combativa e loitadora ante as inxustizas da época.
Emilia Pardo Bazán (A
Coruña 1851- Madrid 1921) Gran escritora.
Todos os días....
todas as mulleres...
traballadoras-soñadoras-emprendedoras- aventureiras- exemplares- creadoras...
... sempre sempre valentes loitadoras.
- E agora pensao ben....
traballadoras-soñadoras-emprendedoras- aventureiras- exemplares- creadoras...
... sempre sempre valentes loitadoras.
- E agora pensao ben....
Quen é a muller máis importante para ti?
No hay comentarios:
Publicar un comentario