➤MATERIAIS:
➧5 botellas iguais e dous tapóns
➧5 globos de 5 colores diferentes
➧Vinagre
➧Bicarbonato sódico
➧Un embudo
➧5 voluntarios e Trancas e Barrancas
➤PROPORCIÓNS
1 Tapón de bicarbonato en cada globo
1-4-7-10 y 13 tapóns de vinagre nas respectivas botellas
➤IMOS ALÓ...
En primeiro lugar Trancas (Denís) e Barrancas (Josué) preparan os materiais...Comenza Gala a encher o globo vermello de Xabi co tapón cheo de bicarbonato. Logo fan o mesmo o resto dos voluntarios científicos...
Todos os globos teñen a mesma cantidade de bicarbonato.
Agora procedemos a botar o vinagre en diferentes cantidades nas botellas. Na primeira 1 tapón de vinagre, na 2ª 4 tapóns, na 3ª 7, na 4ª 10 e na 5ª 13 tapóns de vinagre...Empeza Gala coa botella de Xabi...Trancas e Barrancas sempre animando a operación...
Agora ven a parte máis delicada...Colocar cada globo na boca das botellas...O primeiro en levantar o globo é Xabi, o bicarbonato do globo cae sobre o vinagre da botella e...
Cando se mezcla o vinagre co bicarbonato, ten lugar unha reacción química. Fórmanse burbullas no interior da botella porque estase a formar un gas, o dióxido de carbono, que é o que infla o globo cando o gas se expande
Cada vez ínflase máis o globo porque hai máis vinagre nas botellas...
Barrancas ten medo e agóchase baixo a mesa...
...Pero non contaba con que o globo explotara e caeu de cú no chan...Barrancas desaparecido e todos escachamos coa risa!
Pero gustounos tanto a explosión do globo que quixemos recrear un volcán para ver ata onde chegaba a "lava volcánica" no parque xurásico que montamos...Agora Trancas é Brais e Barrancas, Yesi, e os intrépidos voluntarios, Quique e Lucas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario