Ferrerías é un edificio que data so s.XVIII e presenta unha estrutura arquitectónica peculiar coas súas chemineas no exterior e as bóvedas do interior onde os ferreiros facían traballos de fundición e forxa.
O primeiro que atopamos na entrada foi UN PIRATA...
Fernando, o pirata, explicounos por onde está babor, estribor, a proa e a popa dun barco. Tamén explicounos o que é un barco. Parécevos sinxelo? Pois non o é tanto...
Entre tod@s fumos atopando pistas co fin de conseguir un tesouro.
A primeira pista estaba na maqueta dun barco de máis de 2000 anos
A segunda pista atopámola nunha fermosa maqueta do asteleiro, coa grúa de ASTANO, un pequeno estaleiro que comezou como empresa privada e que hoxe, co de Ferrol, forma parte do grupo NAVANTIA...
Aquí fixéronse os barcos máis grandes do mundo realizados en grada. O "Arteaga", tiña unha lonxitude tres veces maior que o edificio de Ferrerías, en 1972 foi todo un espectáculo a botadura deste barco, os xaponeses pensaban que con tanto peso e tanta lonxitude, o barco partiría. Ata contrataron un helicóptero para poder ver dende arriba o desastre. Preto da ponte das Pías, moreas de xente non querían perder a botadura do Arteaga...E non rompeu! Tivo que ser moi emocionante ver como entraba na auga!!!
Aquí tedes o vídeo da botadura no ano 1972...
As ferramentas que usaban para traballar a madeira na construción de barcos e as diferentes partes que tiña tamén amosounas Fernando a medida que íamos atopando máis pistas para encontrar o tesouro...
Nesta foto Fernando explica a función da Cana de Goberno típica do timón dende a ponte. Antigamente tiñan o goberno a man do timón.
O museo está cheo de autómatas interactivos...por exemplo o que permite comprobar a deformación que sofren os barcos coas ondas enormes que as veces hai no mar.
Unha das cousas máis emocionantes desta visita foi imaxinar como se vivía nun barco do século XVIII. O pirata, Fernando, meteunos dentro dunha recreación que ten o museo, tal e como vivían dentro do barco os mariñeiros naquela época....E por fin atopamos o TESOURO!
Xa preto da saída poidemos ver unha escena recreada de como era o día a día dos ferreiros traballando na fundición e forxa ...
De recordo levamos estes preciosos globos...
Aprendimos moito sobre a construción de barcos e sentímonos moi orgullosos de ter na nosa cidade de Ferrol o principal museo dedicado á historia da construción naval e un dos máis completos de Europa na súa temática.
GRAZAS PIRATA FERNANDO POLOS AGASALLOS, POLAS EXPLICACIÓNS TAN INTERESANTES E POR SER TAN BO ATOPANDO TESOUROS PIRATAS!!!
➽OS GAÑADORES DO CONCURSO DE DEBUXO EXPONAV 2018 FORON...
ZACHE MARTÍNEZ DÍAZ - 6º E.INFANTIL
CARLOS MARIO CORREA ELENA - 3º E.PRIMARIA
PARABENS ARTISTAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario