DÍA DA CANDELORIA - 2 FEBREIRO
Pola Candeloria, medio inverno vai
fóra
A partir da Candeloria
ningún ave voa
soa
Hoxe é 2 de FEBREIRO, DÍA DA CANDELORIA, e segundo as tradicións populares galegas, a partir deste día veñen os paxaros para emparellar e criar.
Nós o quixemos celebrar creando esta fermosa postal pop-up...
Tiñamos previsto ir de marcha esta mañá cara a Malata para participar na carreira solidaria "Quilómetros de solidariedade" pero aplazámola para cando o tempo nolo permita. O que sí fixemos
foi introducir a nosa pequena aportación na hucha proporcionada pola organización Save the Children...
A próxima semana falaremos do Entroido...xa temos os traxes no tendedeiro preparadiños para levar de paseo o makako máis molón do mundo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario