O pasado día 25 de novembro fumos invitados polo concello á celebración do día internacional contra a violencia de xenéro no centro Torrente Ballester. Os nenos e nenas foron provistos dun peto, pinceis e pinturas e dispuxéronse a colorear un mural facendo referencia ao seu desexo de vivir nun mundo sen violencia.
Ao acto tamén asistiu o noso alcalde, José Manuel Rey Varela, quen agradeceu a asistencia a tódolos alí presentes e convidou aos nenos e nenas a facer unha simbólica solta de globos ...
...por unha vida libre de abuso de poder...
No hay comentarios:
Publicar un comentario