miércoles, 3 de abril de 2019

ESTACIÓN DE BIOLOXÍA MARIÑA DE A GRAÑA

Rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria visitaron hoxe as magníficas instalacións da Estación de Bioloxía Mariña da Graña...

María Candás, Wily e Xela, traballadores da Estación de Bioloxía Mariña da USC, foron os profesionais encargados de amosar as distintas depencias aos rapaces: laboratorios, biblioteca, comedor, sala de buceo.
 
Estación da Graña é unha institución científica que pertence a Universidade de Santiago de Compostela (USC), consta de dous preciosos edificios: "A casa do Hórreo" e "A casa da Estrela"
En primeiro lugar e a todo filispín, fumos recoller cunchas e animaliños á praia aproveitando a marea baixa...Cando os cubos xa estiveron ben enchidos, escapamos da chuvia e o frío cara o laboratorio da Casa da Estrela...
 

No laboratorio valeiramos os cubiños coa nosa "pesca"nas peceiras.
Un grupo quedou no laboratorio para mirar coas lupas os bichiños , algas e cunchas capturados..




Na sala de buceo, Xela explica como se utiliza a botella e os traxes especiais que utilizan.

 A ela gústalle moito bucear e contoulle aos rapaces que onte foi de mergullo e levou uns 15 quilos enriba entre traxes e aparellos.

A verdade é que da gusto escoitar o entusiasmo que ten Xela polo seu traballo.


Mentres, o outro grupo visitou a sala de buceo.

 Escoitaron as explicacións de Wily con moito interés e mesmo comprobaron eles mesmos o que pesaba a botella de aire dos mergulladores...


 

Noutro laboratorio atopamos a Sara e a Xela en plena investigación...
 


Wily amosounos unha especie nova de babosa mariña atopada por eles...

Quedamos abraiados co descubremento!

Tamén vimos fotos da foca e a tartaruga que atoparon feridas e que eles coidaron na propia estación.


Foi interesantísima a visita á sala de Ordenadores e Análise da Imaxe para ver a tomografía dunha avespa velutina...
Tod@s fixemos un descansiño para repoñer forzas no comedor da Casa da Estrela...
 Logo, intercambiamos espazos cos dous grupos...Nas seguintes fotos vemos a María Candás no laboratorio explicando a utilización das lupas para ver os animaliños recollidos na praia...

 


Por uns intres tod@s sentímonos pequenos científicos.



Yerai pasouno pipa pescando e repescando cousas nas peceiras...

 




 Xa no colexio, fixemos unha reflexión de todo o acontecido esta mañá na Estación da Graña...E decoraron as cunchas que atoparon na praia da Graña con moito gusto...


 Máis de un prometeu estudar moito para ser no futuro grandes científicos como María,Willy e Xela. E dende aquí, dámoslles as grazas aos tres polo seu entusiasmo, paciencia e bo traballo cos rapaces.
                                      Seguro que volveremos a vernos!!!




No hay comentarios: