miércoles, 13 de febrero de 2019

EXCURSIÓN AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Alumn@s de 3º e 4º de Primaria visitaron hoxe o fabuloso Museo de Historia Natural que temos na nosa cidade...

Os rapaces fixeron un recorrido por a historia das especies locais contemplando a impresionante colección de cetáceos do Atlántico norte, fauna mariña, a lura xigante, a impresionante balea, cunchas e fósiles...
 Berta foi a encargada de explicar as caracteísticas das distintas especies mariñas...

 
Impresionante a lura xigante...

  O esqueleto da impresionante balea abraiounos a todos e a súa historia tamén. O seu varamento nunha praia de Ponteceso. O traslado dende o Porto de Santa Mariña de Brantuas (Ponteceso) ata Ferrol nun camión pluma e como a tiveron que enterrar nun monte da bisbarra de Ferrol para que rematara de descompoñerse e quedara limpo o seu esqueleto...
 

 Golfiños, quenllas, baleas, orcas, cachalotes...
QUE MARAVILLOSO MUSEO TEMOS...VOLVEREMOS!


No hay comentarios: