jueves, 22 de febrero de 2018

LIBROS PARA A IGUALDADE









Estes son os catro libros escollidos 
da MALETA DA IGUALDADE 
en 3º de Primaria.




Traballo cooperativo: Os catro equipos utilizaron a estructura do folio xiratorio para realizar os seus traballos...
 
➤En primeiro lugar un alumno do equipo empeza a escribir o resumo do conto.
➤Pasa o folio a outro compañeiro do grupo que continúa o resumo.
➤O folio vai xirando pasando por todos os membros do grupo ata o remate.
➤Cando un alumno está escribindo, todos os demáis mantense atentos para axudarlle e correxir se fose necesario.
➤Ao remate do resumo ponse de acordo para facer o seguinte traballo. Algún grupo fixo debuxos para un kamishibai, outro grupo deseñou unha manualidade e outro está preparando un resumo para expoñer na biblioteca.
➤Por último, pasan o texto a word no ordenador da aula para logo imprimilo.
O equipo "Os catro fantásticos" fixeron catro simpáticos Galofoguetes. Entre todos deseñaron nun folio as plantillas para logo pasalas á cartolina, engadiron la e plastilina para as patas do galo e para a cresta...Quedoulles chulísimo!!!
O grupo YAQUILANE prepara as láminas para o kamishibai co conto "Una princesa en motocicleta", precioso recurso para traballar a igualdade...

O equipo de "Ferrol mola" tamén está deseñando un kamishibai co conto "Las princesas también se tiran pedos", un divertido libro que traballa os estereotipos...
Os membros do grupo "Os mascoteros" traballan co libro "Cuentos de buenas noches para niñas reveldes", un libro moi interesante con cen historias de mulleres extraordinarias...Eles escolleron tres delas para facer o seu traballo de exposición. Unha é a pintora Frida kahlo, outra é a boxeadora olímpica india Mary Kom, e a última que están a piques de rematar é unha famosa pirata dos mares...

Os compañeiros de 4º tamén están a traballar por equipos coa dinámica de lectura compartida cos libros escollidos para eles da Maleta da Igualdade...





No hay comentarios: