Hoxe visitounos Luís Victoria, concelleiro da Área de Servizos, Sanidade, Consumo, Mercado e Benestar Animal.
Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria presentáronse cos seus debuxos a este primeiro concurso do Concello. Vinculada a ese concurso, hoxe tivemos unha actividade coa Asociación CASAGA, levada por Alejandro Barreiro, coa finalidade de que os rapaces coñezan o cometido social dos cans, para que non os vexan soamente como mascotas para xogar....
O concelleiro Luís Victoria informounos que existe unha Ordenanza Municipal de Protección dos Animais e Convivencia Responsable.
Según as palabras do concelleiro Luís Victoria: “É algo máis que un concurso de debuxo, é un concurso que vai dedicado á concienciación dos nenos da boa convivencia cos animáis e concienciar tamén de que os animáis non son un xoguete”,
Aquí temos a Alejandro Barreiro da Asociación CASAGA
Alejandro explicounos as pautas básicas das mascotas no fogar...
Como debemos educar a nosa mascota...
Concienciounos das responsabilidades e obligacións que temos.
Xa no patio, Alejandro presentounos a Anca e fixo unha demostración do seu perfecto adestramento...
Aquí vemos a dúas intrépidas voluntarias poñendo o casco para logo introducilas nun contenedor....
...Anca ten que rastrexar e descubrir en que contenedor atópanse escondidas as rapazas...hai outro contenedor valeiro na outra esquina do patio...
Anca atopounas de contado...Era visto!!!
Foi moi divertido, aplaudimos moito a Anca e aos seus adestradores.
Logo presentáronnos a Thor,outro precioso can adestrado...
Esta vez ten que seguir o rastro de Noemí, que dende unha silla vaise achegar a un dos contenedores...Thor ten que seguir o rastro e atopala...
Alejandro da instrucións a Noemí para que camine cara o contenedor.
Unha vez alí, David, o profe, axudarala a meterse dentro....
E Thor a traballarrrr e rastrexar!!!
Thor ulisqueando o rastro de Noemí.....Atoparala?
Non tiñamos dúbida de que sí!!!
Noraboa Alejandro polo bo traballo que fas cos cans e parabens por levar tan exitosa Asociación.
Deixovos o enlace á asociación por se queredes coñecela máis
MOITAS GRAZAS CONCELLEIRO!
MOITAS GRAZAS ALEJANDRO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario