sábado, 28 de enero de 2017

PROGRAMA TEI DENDE A BIBLIOTECA

                TEI...Titoría Entre Iguais

A integración do programa TEI no Plan de Convivencia do noso centro, levouse a cabo estes días na biblioteca escolar con diversas actividades.
Logo da sesión informativa e de sensibilización nos cursos de 3º e 5º de primaria sobre o acoso escolar e a resolución de conflictos, procedeuse á presentación dos titores de 5º e titorizados de 3º na biblioteca escolar, á entrega de carnets aos titores e á realización de enquisas e actividades de presentación de cada titor co seu titorizado...
 Nervios antes de coñecer as parellas de titores-titorizados...

 



 

 

 

 

 
O obxectivo deste programa de titoría entre iguais é que, entre eles, atopen estratexias para reolver pequenos conflictos que poidan acaecer no día a día no cole. A longo plazo, previr o acoso e outras formas de violencia e fomentar a convivencia positiva no noso centro...

      E así de contentiños e ilusionados iniciamos esta nova experiencia!
 

 

No hay comentarios: