domingo, 8 de mayo de 2016

CÁMARA ESCURA

 Sabemos que Velázquez pintou o cadro das Meninas e coñecemos os personaxes pero...como o pintou? Para pintar este cadro tería que estar diante de toda a escea, xusto onde se supón que están os reis, e logo engadir a súa figura no lienzo, pero... como pintouse a se mesmo? Quizáis tiña un gran espello diante que reflexaba toda a escea, e pintouno mirando ó espello. Parece que o mellor sería facer unha foto e logo copiala, sen embargo, nesa época non existían as cámaras de fotos...pero sí a cámara escura!
                  
Unha cámara escura é unha caixa pechada cun diminuto burato nunha das súas caras por onde pasa a luz. Se a poñemos diante dun obxecto, a súa imaxe refléxase na cara oposta da caixa, do revés.         




Na cámara escura, a formación invertida da imaxe é consecuencia da propagación rectilínea da luz


O seu descubremento remóntase á antiga Grecia, os árabes a estudaron e Leonardo da Vinci a utilizou no  Renacimiento. Moitos pintores a usaron para crear as súas obras. Poñían un papel na cara oposta a da burato, podían calcar a imaxe que pasaba a través da caixa. Co tempo engadíronse lentes e espellos para que a imaxe non estivera do revés, e así inventouse a cámara escura portátil.
Dicen que Velázquez podería  usala para pintar as Meninas, na súa biblioteca atopánronse libros de matemáticas e varias lentes e instrumentos ópticos da época.

Na clase de Matemáticas de 4º fixemos unha cámara escura cunha cartolina negra, papel cebola, pegamento e un pouquiño de maña e paciencia....
                                   





 
Mirando pola nosa cámara cara a fiestra, vemos todo do revés
...que curioso!


No hay comentarios: