jueves, 28 de abril de 2016

XORNADAS DE REMO

 Alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria tiveron onte unha divertida xornada no Club de Remo San Felipe

 
O club ofrécenos esta actividade para darnos a coñecer o deporte do remo olímpico de primeira man.
Os rapaces visitaron as instalacións, coñeceron as diferentes embarcaións e despois de breves explicacións, tiveron a oportunidade de remar en simuladores de remo (remoergómetros)
 

 

 No club tamén fan campamentos no verán para nenos e nenas entre 8 e 12 anos.
Pódese contactar con eles a través do correo electrónico: clubremosanfelipe@gmail.com ou no nº 639917913.
Tamén se pode visitar www.facebook.com/remo.sanfelipe







No hay comentarios: