miércoles, 6 de abril de 2016

CASA GRANDE DE XANCEDA

Hoxe visitamos unha granxa ecolóxica espectacular!
As monitoras explícannos o funcionamento da ecogranxa e guíannos por un simpático e interesante percorrido por todas as instalacións....
Un grupo foi, en primeiro lugar, ao Mini Establo para dar o biberón
aos terneros....

 




 
...algúns larpeiros non soltaban o biberón!
Sonche duros os traballos da granxa Ánxela?

Tamén dimos de comer e acariñamos a Luci, unha vaca nodriza e cega moi dócil, á que lle gusta amamantar aos terneriños doutras vacas 
 

 
Logo visitamos a modernísima sala de ordeño que dispón de alta tecnoloxía para controlar a produción de leite e o estado das vacas en todo momento. María contounos que as vacas tamén dispoñen dunha pulseira que controla todos os seus movementos e así poden detectar posibles enfermidades...incluso poden saber cando as vacas están namoradas!!!
 
Atentos na iogurtería ás explicacións de María para logo facer unha paradiña e probar o iogur de fresa....boísimo e cremoso!
 

 

Outro momento divertido foi dando de comer aos animais do Eco Zoo ....a porca Lola non comeu nada pero daba gusto vela
 

 
O outro grupo tivo a oportunidade de visitar os establos de cabalos e o galiñeiro...
 


 
E para rematar a mañá.....A xogar!!!
 

 

Fantástica visita! Gustouno todo a tod@s!!!

No hay comentarios: