lunes, 25 de enero de 2016

CAMPAÑA URBASER


      Hoxe tivemos a visita de Sabela, traballadora de URBASER, a empresa de servizos adicada á recollida e tratamento dos residuos no concello de Ferrol.


Explicounos o proceso de reciclaxe, a importancia da separación dos diferentes residuos e de como funciona a planta de reciclaxe...


     Falounos tamén de que todo obxecto pode ter outra vida, explicounos o funcionamento do punto limpo e os perxuicios para o medio ambiente da existencia de vertedoiros incontrolados.

   Colaboramos coa a campaña publicitaria de Urbaser escribindo un slogan. Estas frases serán empregadas en cuñas publicitarias que se emitirán o seguinte mes en distintas radios: Radio Galega, Cope, Radio voz e Cadena Dial.
As voces dos nenos que sexan elexidos serán as que se escoiten nas cuñas publicitarias de Radio. Así mesmo, a campaña inclúe reportaxes en prensa e en Televisión Ferrol.

Estamos encantados de poder contribuir a crear un entorno máis limpo.

            E a gañadora do slogan foiiiiiiiiii....LAURA RODRÍGUEZ


Este caderno foi o agasallo que a empresa URBASER deunos pola nosa participación na campaña publicitaria...¡Moitas grazas!, compartímolo cos nosos compañeiros de Infantil e Primaria.











1 comentario:

MARIA-MANUELA dijo...

Pois ahora toca poñelo en práctica.....