EXPERIMENTO 2: DE LÍQUIDO A GAS
Necesitamos: 5 botellas valeiras
5 globos de diferentes cores
Bicarbonato
Vinagre
5 voluntarios e....Trancas e Barrancas
Trancas axuda a colocar unha culleriña de bicarbonato en cada globo e nas botellas votamos vinagre nas seguintes proporcións...
1-4-7-10-13 tapóns de vinagre nas respectivas botellas Colocamos os globos con bicarbonato nas botellas.....
Empeza Michelle a valeirar o bicarbonato do seu globo laranxa dentro da botella que contén 1 tapón de vinagre e....ínflase un pouquiño o globo laranxa
Segue Victoria agora valeirando o bicarbonato do seu globo verde na botella que contén 3 tapóns de vinagre...
Barrancas escapa...
A continuación, Luisa valeira o bicarbonato do globo amarelo na botella que contén 7 tapóns de vinagre...
Agora tócalle o turno a Rubén co seu globo azul e a botella que ten 10 tapóns de vinagre...
Trancas ten medo!!!
E por último, Iker vota o bicarbonato na botella que ten 12 tapóns de vinagre....
No hay comentarios:
Publicar un comentario