sábado, 9 de mayo de 2020

O HELICÓPTERO

Materiais:

Tres folios
Lápis
Regra
Tesoiras



Modo de facelo:
1- Escolle tres folios, se son de cores diferentes quedará maís vistoso, se soamente tes folios brancos podes pintalos.
2- Coloca os tres folios xuntos, mide 3cm ao longo, marca co lápis e recorta pola liña marcada os tres folios á vez...
 

3- Dobra cada tira pola metade. Vai cruzando as tiras, empeza por as dúas primeiras...
 

A terceira envolve unha, a verde, e métese pola primeira, a vermella...
 4- Con moito coidado de que non se desfagan, vas tirando un pouco de todas ata encaixalas no centro
Quedan curvadas no centro. Agora soamente queda tirala ao chan para probar se xira como as aspas dun helicóptero cando cae...

Podedes facer varios co resto dos folios.
➤ Se un folio mide 21 cm de ancho, cantos helicópteros podo facer se cada un necesita tiras de 3cm?
Os rectángulos dos helicópteros pequenos miden 15cm x 1,5cm
A VOARRR!!!!

No hay comentarios: