Na páx. 15 temos a clasificación e características dos invertebrados.
Dentro dos Artrópodos, imos observar un insecto moi peculiar chamado libeliña, nalgúns lugares chámanlle helicóptero. Os galegos chamamos Cabaliño do demo, tanto as grandes libélulas que chamamos Libeliñas, como as pequenas libélulas que lles chamamos Gaiteiros.
Le os datos curiosos e logo contesta as preguntas na libreta:
1- Que diferenza hai entre o Cabaliño do demo e a Libeliña?
2- Que quere dicir "ollo composto"?
3- Que comen?
4- Como voan para ligar? Eque pasa se outro macho aparece cando están intentando ligar?
5- Que simbolizan en Xapón as libeliñas?
6- Como respiran?
Datos curiosos das libeliñas...
➤1- As libeliñas teñen unhas fortes mandíbulas, con elas son capaces de triturar as súas presas. Hai moitas variedades de diferentes cores e tamaños. Por exemplo o Cabaliño do demo mantén as súas ás pechadas sobre o seu corpo; mentres que as libeliñas manteñen as súas ás extendidas cando están en reposo...
➤2- Excelente visión: Teñen grandes ollos compostos, son moi grandes en comparación co seu corpo. A maioría dos insectos tamén teñen ollos compostos; cada ollo das libeliñas ten 30.000 pequenos ollos, isto quere dicir que ven coma se fora a través de miles de pequenas televisións onde en cada unha delas aparece unha parte da imaxe total. Isto fai que teñan unha excelente visión panorámica.
➤3- A súa forma de voar é moi especial e das máis rápidas: poden chegar aos 30km por hora. Aceleran con facilidade, poden pararse en seco nun sitio, xirar, subir, baixar, como se fosen helicópteros...fan cousas que ningún outro insecto voador pode facer.
Teñen dúas maneiras de voar: unha para cazar e outra para "ligar"...
Cando cazan (1) voan pola veira dos ríos onde viven e fan bucles en busca das presas: insectos pequenos como mosquitos, moscas, formigas, polillas, etc. Atrápanps en pleno voo coas súas patas e os trituran coas súas mandíbulas. Cando as vemos que se moven en círculos(2), son machos que defenden o seu territorio e atraen coas súas cores ás femias. por suposto se outro macho aparece por alí hai pelea e o que perde tense que marchar. Se consegue "ligar" a unha femia xúntanse dun xeito moi peculiar.
➤4- En Xapón son un símbolo de poder, de axilidade e de victoria.
Son moi queridas, por iso aparecen en moitas obras de arte e adornos,
igual que as mariposas e os paxaros. Neste casco dun guerreiro samurai podémolas ver estampadas en ouro...Que preciosidade!
➤5- Respiran polo cu...Aínda que faga moita gracia, é certo, as súas branquias
atópanse ao final do abdomen. Impulsan a auga ata o final do abdomen e alí
fan un intercambio de gases, collen o osíxeno para respirar e de paso, ao expulsar
a auga collen impulso como un misil para desprazarse.
atópanse ao final do abdomen. Impulsan a auga ata o final do abdomen e alí
fan un intercambio de gases, collen o osíxeno para respirar e de paso, ao expulsar
a auga collen impulso como un misil para desprazarse.
➤6- Son animais ancestrais: Moito antes de que os dinosaurios apareceran
na Terra, as libeliñas xa voaban polo ceo. A simple vista eran igualiñas pero
moito máis grandes, podían chegar a medir máis de 72cm de punta a punta das ás.
na Terra, as libeliñas xa voaban polo ceo. A simple vista eran igualiñas pero
moito máis grandes, podían chegar a medir máis de 72cm de punta a punta das ás.
No hay comentarios:
Publicar un comentario