Seguide os pasos e lembrade usar o lápis con moita suavidade, sobretodo nas liñas que sirven para o boceto inicial e que logo temos que borrar...
➤Paso1 Dividimos pola metade o folio con dúas liñas, unha horizontal e outra vertical, moi suaves porque logo bórranse. Colocamos a cabeza co morro na cuadrícula superior esquerda. Marcamos pola metade, máis ou menos, da cabeza para comezar o corpo...
➤Paso2 Facemos o corpo e as patas coas pezuñas, fixádevos que quede polo medio do folio máis ou menos...
➤Paso3 Debuxamos os cornos, as orellas, os ollos, morro coa boca e o rabo....
➤Pas4 Colocamos moscas arredor do rabo e, moi importante, as liñas que indican o movemento do rabo.
Xa está a vaca marela rubia galega...ou a frisona holandesa?
Debuxade a que queirades pero mestres o facedes podedes escoitar esta canción tan divertida...."A vaca Marela"
No hay comentarios:
Publicar un comentario