jueves, 30 de abril de 2020

CURIOSIDADES SOBRE AS VACAS- Lectura comprensiva


Le e contesta na libreta ás preguntas do final do texto:

                  CURIOSIDADES DAS VACAS
➤A que non sabías que as vacas babean constantemente! A vaca é un rumiante, esto quere dicir que non para de "rumiar", remastigar a comida constantemente. Os rumiantes mastigan por segunda vez, volvendo á boca, o alimento que xa estivo no estómago. 
Os rumiantes teñen 4 estómagos! Por iso animais como as vacas, ovellas e camelos están constantemente salivando. Incluso cando están rumiando, este proceso tamén axuda a mastigar e tragar o alimento.
A vaca é un dos animais domésticos que máis saliva produce...Un muuuuuuundo de saliva!
Masticar GIFla leyenda de los cangrejos de rio y VOX - ForoCochesFauna Camel GIF
➤ Encántalles a rutina. Ás vacas gústanlles comer nos momentos máis frescos do día. Aliméntanse de herba principalmente pero tamén poden consumir millo, soia e trigo. Nun so día, as vacas leiteiras comen ata 7 quilos de gran e máis de 30 quilos de herba.
Como xa conmentei ao principio, ás vacas encántalles a rutina: sempre fan as mesmas cousas no mesmo horario. 
     Durante o día, pasan unhas 14 horas descansando e 6 desas horas as pasan rumiando.
  Vaca La Lechera Pastando - Foto gratis en Pixabay   O resto do tempo divídese, máis ou menos, entre: 4 horas camiñando, 5 horas e media alimentándose e 30 minutos bebendo auga. Canta rutina, non si!? 
➤ "Onde vai unha vaca, o boi vai detrás". Ademáis de comer á mesma hora, as vacas tamén fan todo xuntas. Isto é así porque son animais gregarios, viven en grupos e sempre levan a cabo as súas actividades xuntas. Por iso se di que onde vai unha vaca, o boi vai detrás, e é verdade. No grupo sempre hai unha líder ou dominante, que polo xeral é unha vaca grande, forte, que ten privilexios, por exemplo para escoller un lugar con sombra.
A vaca líder é polo xeral unha femia maior, que coñece o pasto onde viven e é a encargada de iniciar as actividades do grupo. Por exemplo, todas están rumiando e ela é a que se levanta a beber auga para animar ao resto a levantarse e beber auga xuntas. Por certo, unha vaca pode beber ata 100 litros de auga ao día e vivir tranquilamente ata os 18 anos.
➤ Aínda que poida parecer extraño e gracioso, hai investigacións que sinalan que as vacas que escoitan música e as que teñen nome propio e o escoitan continuamente, aumentan a producción de leite. Parece ser que a música reduce o estrés das vacas e o trato cercano fai que se sintan máis felices.....Que curioso, coma nós!  


   Contestade ás preguntas:
1- Que quere dicir "rumiar"?
2- A parte das vacas, que outros animais rumiantes coñeces?
3- De que se alimentan as vacas?
4- Que quere dicir que as vacas sexan animais "gregarios"?
5- Se tiveras unha vaca, que nome lle poñerías?
6- Que quere dicir o refrán "Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale" Escolle a resposta:
             a) Que hai que prestarlle a vaca aos amigos.
             b) Que co diñeiro non se xoga.
             c) Que vale máis unha vaca que un amigo.

            

                    

No hay comentarios: